robot de la enciclopedia para niños

Archivo: Vasilla reintegrada (7326061778)

Enciclopedia para niños
Archivo original(5616 × 3744 píxeles; tamaño de archivo: 3,02 MB; tipo MIME: image/jpeg)

Descripción: Campamento militar de Cidadela Sobrado dos monxes, A Coruña. OS CAMPAMENTOS ROMANOS Asentamentos permanentes das tropas levantados en lugares estratéxicos dun territorio. Son de planta rectangular e as dimensións están en función do número de tropas aloxadas. O sistema defensivo consiste nunha muralla que pecha todo o recinto, con torres nas esquinas e un foxo no exterior. O exército tivo un papel de promoción social recrutando á poboación local que atopou na carreira militar unha vía de adaptación ao novo estilo de vida. Foi un dos axentes da romanización máis directos. Na Gallaecia coñécense tres campamentos: Lucus Augusti, Ciadella e Aquis Querquennis, estes dous ocupados por tropas auxiliares dunha lexión: a cohorte (unidade de 500 homes). A situación estratéxica de Ciadella permitía o control dende a zona costeira de Brigantium ate Lucus Augusti. CAMPAMENTO ROMANO DE CIADELLA Campamento da Cohors I Celtiberorum, corpo auxiliar da Legio VII Gemina, que permaneceu nel dende o século II d.C. ate o IV d.C. A identidade desta unidade militar coñécese por varios testemuños epigráficos e por unha fonte escrita, a Notitia Dignitatum. O campamento foi ocupado posteriormente por unha poboación xermánica. Nas escavacións arqueolóxicas acháronse tegulae (tellas) coas marcas lexionarias, unha ara dedicada á deusa Fortuna, cerámicas, vidros, así como as moedas, algunha acuñada na segunda metade do século I d.C. No contorno do campamento está a necrópole da Areosa e unha serie de postos de vixiancia, dous deles sobre túmulos megalíticos.
Título: Vasilla reintegrada (7326061778)
Créditos: Vasilla reintegrada
Autor(a): Álvaro Pérez Vilariño
Términos de Uso: Creative Commons Attribution-Share Alike 2.0
Licencia: CC BY-SA 2.0
Enlace de Licencia: https://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.0
¿Se exige la atribución?:

La siguiente página enlaza a este archivo:

kids search engine