robot de la enciclopedia para niños

Archivo: 2165-Igrexa de Santiago na Cidade Vella da Coruña

Enciclopedia para niños
Archivo original(3200 × 2400 píxeles; tamaño de archivo: 1,82 MB; tipo MIME: image/jpeg)

Descripción: A igrexa de Santiago é o templo coruñés principal e o máis antigo. Comezouse a construír no século XII, durante o reinado de Fernando II. No seu adro reuníase o concello desde o século XV. A planta orixinal contaba con tres naves, que foron reducidas a unha só, de estilo oxival, no século XV. A fachada principal é románica e sobresae do muro nun bloque. Na arquivolta central aparecen os vinte anciáns do Apocalipse cos seus instrumentos musicais escoitando ao Salvador. O tímpano está sostido por anxos e nel aparece Santiago a cabalo. Esta figura, e algunha outra, proceden doutra parte. Polo leste hai tres ábsidas románicas, divididas no exterior por columnas con capiteis vexetais; a da esquerda está seccionada por un esquinal da torre. A igrexa conta con tres portas, das que a do norte é a máis antiga. O tímpano está sostido por dúas mochetas con cabezas de bovinos e representa un año entre dous circos que sostén unha cruz coas patas. A porta sur tamén é románica e ábrese á sancristía. A torre é igualmente románica, aínda que houbo de ser reparada no 1607 a causa dalgunha explosión, xa que foi o polvorín da antiga cidade. Forma un curioso recuncho coa casa do Consulado na que é a rúa máis curta da Coruña, a da Reixa Dourada. Resaltan os canzorros que sosteñen o beiril do tellado e o rosetón no testeiro da nave. Traido da Galipedia. A arte románica espallouse dende Francia ao resto da Europa occidental a partires do século XI. O estilo chegaría á península Ibérica da man do Camiño de Santiago cuxas vías principais confluían en Compostela, vila onde se dirixían milleiros de peregrinos de toda Europa que viñan a louvar a suposta tumba do apóstolo Santiago. A data de chegada do estilo a España é aproximadamente entre o século XI e comezos do XII. Algunhas das principais paradas do Camiño, serían as primeiras en desenvolver este estilo, erixíndose igrexas, catedrais e mosteiros, como a catedral de Jaca, a igrexa monástica de San Martín de Frómista, a basílica de San Isidoro de León e as primeiras pedras da catedral compostelá. A época de expansión do estilo pola península, coincide coa ocupación musulmá, desenrolándose deste xeito o Románico pola parte setentrional da península, non ocupada polos mouros. As principais mostras deste arte pódense atopar por toda a xeografía do país, destacando, xunto a catedral compostelá os mosteiros medievais da Ribeira Sacra onde se poden atopar numerosos mosteiros románicos entre as provincias de Lugo e Ourense. Fonte: Galipedia O termo románico, como concepto que define un estilo artístico, foi utilizado por primeira vez en 1820 por Charles de Gerville, considerando con este termo toda a arte que se realiza anterior ó estilo gótico dende a caída do Imperio Romano; e por analoxía ó termo xa coñecido de linguas románicas, a arte románica sucedía á arte antiga tal e como as linguas románicas eran as sucesoras do latín. Posteriormente, a acepción de arte románica foise restrinxindo e pasou a designa-la arte desenvolvida en Occidente entre os séculos XI e XII, aínda que aínda hoxe seguen as controversias para determinar con exactitude a amplitude de espazo e tempo que abrangue este estilo.
Título: 2165-Igrexa de Santiago na Cidade Vella da Coruña
Créditos: Flickr: 2165-Igrexa de Santiago na Cidade Vella da Coruña
Autor(a): Jose Luis Cernadas Iglesias
Permiso: This image, which was originally posted to Flickr, was uploaded to Commons using Flickr upload bot on 25 de julio de 2011, 02:12 by Pauk. On that date, it was confirmed to be licensed under the terms of the license indicated. .mw-parser-output .responsive-license-cc{clear:both;text-align:center;box-sizing:border-box;width:100%;justify-content:space-around;align-items:center;margin:0.5em auto;background-color:#f9f9f9;border:2px solid #e0e0e0;border-spacing:8px;display:flex}.mw-parser-output .responsive-license-cc div{margin:4px}.mw-parser-output .rlicense-text div{margin:0.5em auto}@media screen and (max-width:640px){.mw-parser-output .responsive-license-cc{flex-flow:column}.mw-parser-output .rlicense-text{order:1}} Este archivo está disponible bajo la licencia Creative Commons Atribución 2.0 Genérica. Eres libre: de compartir – de copiar, distribuir y transmitir el trabajo de remezclar – de adaptar el trabajo Bajo las siguientes condiciones: atribución – Debes otorgar el crédito correspondiente, proporcionar un enlace a la licencia e indicar si realizaste algún cambio. Puedes hacerlo de cualquier manera razonable pero no de manera que sugiera que el licenciante te respalda a ti o al uso que hagas del trabajo.https://creativecommons.org/licenses/by/2.0CC BY 2.0 Creative Commons Attribution 2.0 truetrue
Términos de Uso: Creative Commons Attribution 2.0
Licencia: CC BY 2.0
Enlace de Licencia: https://creativecommons.org/licenses/by/2.0
¿Se exige la atribución?:

La siguiente página enlaza a este archivo:

kids search engine